{"title":"Avaliación da implementación do galego estándar mediante o sistema educativo","authors":"Xabier Benavides da Vila","doi":"10.15304/elg.15.8814","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Recoñecéndomos o sistema educativo como un dos principais axentes de difusión do estándar, achamos pertinente un estudo que nos permita avaliar o éxito na implementación desta variedade de recente configuración. O presente traballo ofrece unha perspectiva, xeral e comparada en función da lingua inicial e da relación coa variedade estándar do galego, dos estudantes que remataron a Educación Secundaria Obrigatoria. Neste documento preséntanse e analízanse os resultados dunha investigación de corte cuantitativo na que interrogamos unha mostra do alumnado de segundo de bacharelato durante o ano académico 2021/2022. Nas conclusións observaremos como este segmento de poboación lexitima e acepta a variedade normativa sen que isto implique a asunción dos principios da ideoloxía do estándar: a valorización das variedades vernáculas do alumnado prevalece sobre a vontade de converxencia cara ao estándar. Tamén veremos como as persoas que aprenderon a falar en galego, a priori usuarios do galego popular ou tradicional, valóranse mellor a si mesmos como falantes e dominan a norma en maior medida que o resto dos grupos.","PeriodicalId":393852,"journal":{"name":"Estudos de Lingüística Galega","volume":null,"pages":null},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2023-08-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Estudos de Lingüística Galega","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.15304/elg.15.8814","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
Recoñecéndomos o sistema educativo como un dos principais axentes de difusión do estándar, achamos pertinente un estudo que nos permita avaliar o éxito na implementación desta variedade de recente configuración. O presente traballo ofrece unha perspectiva, xeral e comparada en función da lingua inicial e da relación coa variedade estándar do galego, dos estudantes que remataron a Educación Secundaria Obrigatoria. Neste documento preséntanse e analízanse os resultados dunha investigación de corte cuantitativo na que interrogamos unha mostra do alumnado de segundo de bacharelato durante o ano académico 2021/2022. Nas conclusións observaremos como este segmento de poboación lexitima e acepta a variedade normativa sen que isto implique a asunción dos principios da ideoloxía do estándar: a valorización das variedades vernáculas do alumnado prevalece sobre a vontade de converxencia cara ao estándar. Tamén veremos como as persoas que aprenderon a falar en galego, a priori usuarios do galego popular ou tradicional, valóranse mellor a si mesmos como falantes e dominan a norma en maior medida que o resto dos grupos.