Os estudos sobre políticas rexionais de innovación nas dúas últimas décadas: desde os sistemas rexionais de innovación ás estratexias de especialización intelixente
{"title":"Os estudos sobre políticas rexionais de innovación nas dúas últimas décadas: desde os sistemas rexionais de innovación ás estratexias de especialización intelixente","authors":"Manuel González-López","doi":"10.15304/rge.28.2.6152","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"O interese polas políticas rexionais de innovación aumentou progresivamente durante as últimas dúas décadas de tal maneira que hoxe podemos falar dun campo emerxente dentro da literatura sobre a innovación rexional. Os estudos sobre políticas rexionais de innovación están estreitamente vinculados ao enfoque dos sistemas rexionais de innovación (SRI) (Asheim e Isaksen, 1997; Cooke, 1992; Cooke, Uranga e Etxebarria, 1997; Howells, 1999). Ese enfoque emerxe nos anos 90 vinculado á literatura sobre sistemas nacionais de innovación (Edquist, 2013; Lundvall, 1992) e a diversas escolas pertencentes á xeografía económica, como son a dos Novos Distritos Industriais (Becattini, 1990) ou a dos Sistemas de Produción Flexible (Scott, 1988). No enfoque dos SRI destaca o carácter distintivo do proceso de innovación nas distintas rexións debido a diversas traxectorias tecnolóxicas e institucionais. Un SRI estaría formado por múltiples actores (empresas, universidades, centros tecnolóxicos...) que interaccionan entre si e dan lugar a procesos de aprendizaxe e innovación. Cada rexión amosaría un sistema de innovación distinto e demandaría, do mesmo xeito, políticas de innovación diferentes. De igual modo que o enfoque dos sistemas nacionais de innovación, o marco teórico dos SRI basea a súa xustificación para a intervención política na existencia de erros sistémicos. Así, a diferenza da economía neoclásica, desde esta perspectiva non só se admite a existencia de erros do mercado para xustificar a intervención pública, senón que tamén se aposta por abordar os fallos sistémicos baixo a premisa de que os procesos de aprendizaxe necesarios para a innovación son o resultado de múltiples interaccións, onde están implicados diferentes axentes e institucións (Metcalfe e Georghiou, 1997). Estas interaccións, por exemplo entre as universidades e as industrias, non sempre son fluídas e, ás veces, nin sequera existen. Cando isto ocorre é necesaria unha intervención política, ao igual que é precisa para achegar servizos de apoio á innovación ás pemes, ou para impulsar a creación de empresas de base tecnolóxica por parte de institucións de investigación. Na actualidade, o paradigma dominante das políticas rexionais de innovación, cando menos en Europa, é o denominado enfoque da especialización intelixente. Seguindo a Foray (2014, p. 1), o concepto de especialización intelixente refírese á “capacidade dun sistema económico (por exemplo, unha rexión) para xerar novas especialidades a través do descubrimento de novos dominios de oportunidade, así como da concentración de recursos e competencias nestes ámbitos”. Desa maneira, as estratexias de especialización intelixente fan referencia a aquelas políticas que promoven este tipo de procesos. Nesta liña, McCann (2015) sinala que a lóxica de especialización intelixente argumenta que, para fomentar a innovación, o obxectivo debería ser fomentar as iniciativas de busca empresarial cara a ac-","PeriodicalId":35769,"journal":{"name":"Revista Galega de Economia","volume":" ","pages":""},"PeriodicalIF":0.3000,"publicationDate":"2019-09-12","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Revista Galega de Economia","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.15304/rge.28.2.6152","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"Q4","JCRName":"ECONOMICS","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
O interese polas políticas rexionais de innovación aumentou progresivamente durante as últimas dúas décadas de tal maneira que hoxe podemos falar dun campo emerxente dentro da literatura sobre a innovación rexional. Os estudos sobre políticas rexionais de innovación están estreitamente vinculados ao enfoque dos sistemas rexionais de innovación (SRI) (Asheim e Isaksen, 1997; Cooke, 1992; Cooke, Uranga e Etxebarria, 1997; Howells, 1999). Ese enfoque emerxe nos anos 90 vinculado á literatura sobre sistemas nacionais de innovación (Edquist, 2013; Lundvall, 1992) e a diversas escolas pertencentes á xeografía económica, como son a dos Novos Distritos Industriais (Becattini, 1990) ou a dos Sistemas de Produción Flexible (Scott, 1988). No enfoque dos SRI destaca o carácter distintivo do proceso de innovación nas distintas rexións debido a diversas traxectorias tecnolóxicas e institucionais. Un SRI estaría formado por múltiples actores (empresas, universidades, centros tecnolóxicos...) que interaccionan entre si e dan lugar a procesos de aprendizaxe e innovación. Cada rexión amosaría un sistema de innovación distinto e demandaría, do mesmo xeito, políticas de innovación diferentes. De igual modo que o enfoque dos sistemas nacionais de innovación, o marco teórico dos SRI basea a súa xustificación para a intervención política na existencia de erros sistémicos. Así, a diferenza da economía neoclásica, desde esta perspectiva non só se admite a existencia de erros do mercado para xustificar a intervención pública, senón que tamén se aposta por abordar os fallos sistémicos baixo a premisa de que os procesos de aprendizaxe necesarios para a innovación son o resultado de múltiples interaccións, onde están implicados diferentes axentes e institucións (Metcalfe e Georghiou, 1997). Estas interaccións, por exemplo entre as universidades e as industrias, non sempre son fluídas e, ás veces, nin sequera existen. Cando isto ocorre é necesaria unha intervención política, ao igual que é precisa para achegar servizos de apoio á innovación ás pemes, ou para impulsar a creación de empresas de base tecnolóxica por parte de institucións de investigación. Na actualidade, o paradigma dominante das políticas rexionais de innovación, cando menos en Europa, é o denominado enfoque da especialización intelixente. Seguindo a Foray (2014, p. 1), o concepto de especialización intelixente refírese á “capacidade dun sistema económico (por exemplo, unha rexión) para xerar novas especialidades a través do descubrimento de novos dominios de oportunidade, así como da concentración de recursos e competencias nestes ámbitos”. Desa maneira, as estratexias de especialización intelixente fan referencia a aquelas políticas que promoven este tipo de procesos. Nesta liña, McCann (2015) sinala que a lóxica de especialización intelixente argumenta que, para fomentar a innovación, o obxectivo debería ser fomentar as iniciativas de busca empresarial cara a ac-
期刊介绍:
La Revista Galega de Economía es una plataforma editorial para la publicación de artículos de investigación sobre cualquiera de las especialidades del campo de la Economía y de la Administración y Dirección de Empresas. Los trabajos deberán ser originales, inéditos y no estar sometidos a consideración para su publicación en ninguna otra plataforma editorial. El autor o autores de los textos publicados en la Revista Galega de Economía le ceden a ésta los derechos de reproducción.