{"title":"O libro da filla ou a promesa da (in)felicidade segundo Inma López Silva","authors":"Katarzyna Moszczyńska-Dürst","doi":"10.5209/madr.80238","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"O obxectivo deste artigo consiste en analizar a representación da (in)felicidade performativa, cos seus mandatos, promesas, tabús e fracasos, tal como quedou codificada en O libro da filla (2020), a última novela ata a data da escritora galega Inma López Silva. Partindo da teoría crítica das emocións elaborada por Sara Ahmed en La promesa de la felicidad (2019), veremos como os personaxes do texto analizado asocian a felicidade con determinados roles sociais, lugares, rituais ou estilos de vida, ou, incluso con determinadas maneiras de ver e vivir o mundo. Estes “obxectos felices” sonlles impostos pola lóxica cultural dominante como garantes da “boa vida” e “guións” de conduta normativa. Do mesmo xeito, comprobaremos de que maneira e baixo que condicións sociais o fomento da feliz normatividade oculta os “mecanismos psíquicos do poder” e provoca o xurdimento da melancolía. Por último, a análise de O libro da filla revelará o potencial político que radica nos arquivos da infelicidade e na escritura.","PeriodicalId":40596,"journal":{"name":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","volume":null,"pages":null},"PeriodicalIF":0.1000,"publicationDate":"2022-01-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.5209/madr.80238","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"0","JCRName":"LITERATURE, ROMANCE","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
O obxectivo deste artigo consiste en analizar a representación da (in)felicidade performativa, cos seus mandatos, promesas, tabús e fracasos, tal como quedou codificada en O libro da filla (2020), a última novela ata a data da escritora galega Inma López Silva. Partindo da teoría crítica das emocións elaborada por Sara Ahmed en La promesa de la felicidad (2019), veremos como os personaxes do texto analizado asocian a felicidade con determinados roles sociais, lugares, rituais ou estilos de vida, ou, incluso con determinadas maneiras de ver e vivir o mundo. Estes “obxectos felices” sonlles impostos pola lóxica cultural dominante como garantes da “boa vida” e “guións” de conduta normativa. Do mesmo xeito, comprobaremos de que maneira e baixo que condicións sociais o fomento da feliz normatividade oculta os “mecanismos psíquicos do poder” e provoca o xurdimento da melancolía. Por último, a análise de O libro da filla revelará o potencial político que radica nos arquivos da infelicidade e na escritura.