{"title":"O relato histórico no mito: Enrique Líster e a batalla das palabras","authors":"José Galán Ortega","doi":"10.5209/madr.73619","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Este artigo pretende explorar as conexións existentes entre o relato da experiencia de guerra, a memoria do protagonista dos feitos bélicos narrados e o plano cultural das emocións proxectadas nos textos e noutros documentos autobiográficos (medo, compaixón, orgullo...) legados por Enrique Líster Forján, xefe militar e dirixente comunista galego. A metodoloxía escollida para este traballo permite un achegamento dende a historia cultural aos diversos contextos da escritura e aos elementos máis importantes da interpretación trazada sobre conceptos como camaradería e masculinidade por un militante comunista comprometido na construción dun mundo novo, no bloqueo do avance fascista sobre España e Europa e, máis tarde, no derrocamento da ditadura franquista. Unha loita continua levada a cabo ata o final por medio da palabra e da transformación da derrota sufrida fronte a Franco e os seus aliados nazi-fascistas nun relato mobilizador que manexa a épica de forma selectiva e como estratexia para outorgarlle ao suxeito principal do seu discurso, o pobo, un papel privilexiado na rexeneración do seu destino histórico.","PeriodicalId":40596,"journal":{"name":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","volume":null,"pages":null},"PeriodicalIF":0.1000,"publicationDate":"2020-12-22","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.5209/madr.73619","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"0","JCRName":"LITERATURE, ROMANCE","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
Este artigo pretende explorar as conexións existentes entre o relato da experiencia de guerra, a memoria do protagonista dos feitos bélicos narrados e o plano cultural das emocións proxectadas nos textos e noutros documentos autobiográficos (medo, compaixón, orgullo...) legados por Enrique Líster Forján, xefe militar e dirixente comunista galego. A metodoloxía escollida para este traballo permite un achegamento dende a historia cultural aos diversos contextos da escritura e aos elementos máis importantes da interpretación trazada sobre conceptos como camaradería e masculinidade por un militante comunista comprometido na construción dun mundo novo, no bloqueo do avance fascista sobre España e Europa e, máis tarde, no derrocamento da ditadura franquista. Unha loita continua levada a cabo ata o final por medio da palabra e da transformación da derrota sufrida fronte a Franco e os seus aliados nazi-fascistas nun relato mobilizador que manexa a épica de forma selectiva e como estratexia para outorgarlle ao suxeito principal do seu discurso, o pobo, un papel privilexiado na rexeneración do seu destino histórico.