{"title":"Transmutación e figuras de exclusión en Mirror, unha novela gráfica de Emma Ríos e Hwei Lim","authors":"Helena González Fernández","doi":"10.5209/madr.88064","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"¿Cal é a relación entre o ser humano en relación a outras especies e o medio natural? ¿É posible domesticar e reificar a periferia animal por medio da ciencia? ¿Cales son as consecuencias da trasmutación? ¿Que figuras permiten identificar as posicións de rebeldía animal e doutras formas de vida en relación ao arroallo antropocéntrico? ¿Como se representa a subxectivación de seres híbridos? ¿En que medida os conceptos de paria e tránsfuga serven para representar a exclusión e, ao tempo, proxectar un futuro novo? ¿É posible unha alianza multiespecie? Emma Ríos e Hwei Lim son coautoras de Mirror (Image, 2016-2019), unha complexa e elaborada novela gráfica de sci-fantasy que ofrece unha crítica ao humanismo, o control dos saberes, a experimentación animal, a viaxe interplanetaria e á intervención do Antropoceno no planeta. A partir das achegas das figuras da exclusión da teoría política (Hannah Arendt, Eleni Varikas, Martine Leibovici) e dos estudos de xénero e sexualidade sobre a subxectividade relacional, a alianza multiespecie e o entorno natural (Donna Haraway, Marta Segarra, Preciado), o cómic ofrece unha crítica ao especismo e a acción da humanidade sobre os planetas ao tempo que atopa no devir-paria e no devir-tránsfuga una oportunidade para xerar alianzas na periferia do poder e crear un mundo habitable.","PeriodicalId":40596,"journal":{"name":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","volume":null,"pages":null},"PeriodicalIF":0.1000,"publicationDate":"2023-04-20","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.5209/madr.88064","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"0","JCRName":"LITERATURE, ROMANCE","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
¿Cal é a relación entre o ser humano en relación a outras especies e o medio natural? ¿É posible domesticar e reificar a periferia animal por medio da ciencia? ¿Cales son as consecuencias da trasmutación? ¿Que figuras permiten identificar as posicións de rebeldía animal e doutras formas de vida en relación ao arroallo antropocéntrico? ¿Como se representa a subxectivación de seres híbridos? ¿En que medida os conceptos de paria e tránsfuga serven para representar a exclusión e, ao tempo, proxectar un futuro novo? ¿É posible unha alianza multiespecie? Emma Ríos e Hwei Lim son coautoras de Mirror (Image, 2016-2019), unha complexa e elaborada novela gráfica de sci-fantasy que ofrece unha crítica ao humanismo, o control dos saberes, a experimentación animal, a viaxe interplanetaria e á intervención do Antropoceno no planeta. A partir das achegas das figuras da exclusión da teoría política (Hannah Arendt, Eleni Varikas, Martine Leibovici) e dos estudos de xénero e sexualidade sobre a subxectividade relacional, a alianza multiespecie e o entorno natural (Donna Haraway, Marta Segarra, Preciado), o cómic ofrece unha crítica ao especismo e a acción da humanidade sobre os planetas ao tempo que atopa no devir-paria e no devir-tránsfuga una oportunidade para xerar alianzas na periferia do poder e crear un mundo habitable.