{"title":"Crebar o silencio","authors":"Azucena Arias Correa","doi":"10.5209/madr.90674","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"reservas de hotel, reloxo, barra de labios, unha muda de roupa interior, unha camiseta, un bolígrafo, unha guía de viaxe, unha memoria USB, unhas cartas...). Volver gardalo como estaba era imposible, sabíao, xa acomodaría todo ben cando chegase á hospedaxe. A súa única preocupación era meter todo na mochila e, sobre todo, que lle coubese, estaba conmocionada por deixar parte da súa intimidade alí sobre a mesa diante de toda a xente que a miraba cunha mestura de conmiseración e sospeita. Camiñou con toda a dignidade que puido ata a pasarela de embarque correspondente e sentou na sala próxima. —Xa pode desembarcar pola porta dianteira... —indicáronlle amablemente. —Ah, perdoe —volveu á realidade—. Estaba despistada... Con moita calma colleu a mochila, saíu do avión e dirixiuse cara á planta baixa da terminal, se todo ía ben, en poucos minutos podería recoller a equipaxe. Xa non se puña nerviosa se a súa maleta non chegaba axiña pola cinta transportadora, centos de viaxes déranlle vivencias suficientes para ter sempre plan B. A saída do aeroporto fíxose con bastante celeridade, non tiña que pasar pola alfándega nin amosar o pasaporte no portelo da oficina de inmigración. Dirixiuse á parada de taxis, amosoulle o enderezo á taxista: —Tardaremos moito en chegar ao hotel? —preguntoulle. —Non moito. Iremos pola autoestrada. A vila está a uns corenta minutos de aquí. Vén vostede para participar na escavación","PeriodicalId":40596,"journal":{"name":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","volume":null,"pages":null},"PeriodicalIF":0.1000,"publicationDate":"2023-08-08","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.5209/madr.90674","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"0","JCRName":"LITERATURE, ROMANCE","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
reservas de hotel, reloxo, barra de labios, unha muda de roupa interior, unha camiseta, un bolígrafo, unha guía de viaxe, unha memoria USB, unhas cartas...). Volver gardalo como estaba era imposible, sabíao, xa acomodaría todo ben cando chegase á hospedaxe. A súa única preocupación era meter todo na mochila e, sobre todo, que lle coubese, estaba conmocionada por deixar parte da súa intimidade alí sobre a mesa diante de toda a xente que a miraba cunha mestura de conmiseración e sospeita. Camiñou con toda a dignidade que puido ata a pasarela de embarque correspondente e sentou na sala próxima. —Xa pode desembarcar pola porta dianteira... —indicáronlle amablemente. —Ah, perdoe —volveu á realidade—. Estaba despistada... Con moita calma colleu a mochila, saíu do avión e dirixiuse cara á planta baixa da terminal, se todo ía ben, en poucos minutos podería recoller a equipaxe. Xa non se puña nerviosa se a súa maleta non chegaba axiña pola cinta transportadora, centos de viaxes déranlle vivencias suficientes para ter sempre plan B. A saída do aeroporto fíxose con bastante celeridade, non tiña que pasar pola alfándega nin amosar o pasaporte no portelo da oficina de inmigración. Dirixiuse á parada de taxis, amosoulle o enderezo á taxista: —Tardaremos moito en chegar ao hotel? —preguntoulle. —Non moito. Iremos pola autoestrada. A vila está a uns corenta minutos de aquí. Vén vostede para participar na escavación