{"title":"Utopía e ucronía: a Galcia triunfante en Nordeste (2016) de Daniel Asorey","authors":"Thayane Gaspar Jorge","doi":"10.5209/madr.88066","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Miguel-Anxo Murado no ensaio Outra idea de Galicia (2016) contesta o mito de terra sen historia utilizado para explicar o apagamento da importancia da historia da Galicia na Europa. Murado atribúe o problema aos historiadores e ás prioridades destes que ao escribiren a historia da España relegan a maioría dos episodios galegos ao esquecemento. En consonancia con esta análise e bebendo da fonte das teses de Walter Benjamin (1996), a novela Nordeste (2016) de Daniel Asorey utiliza a utopía e a ucronía para promocionar unha reparación histórica á terra galega. Nesta novela, o autor escoba a historia a contrapelo e, tamén, cambia a traxectoria histórica de Galicia ao crear un enredo ficcional que pretende responder á indagación: “Que tería pasado con Galicia se os galegos tivesen gañado a Guerra Irmandiña?”. Murado, en seu ensaio, chega á conclusión de que historia e poder son sinónimos e ese poder é restituído por Daniel Asorey ao imaxinar unha Galicia utópica, colonizadora e imperialista, detentora de colonias en Brasil. Nordeste é unha obra que pretende restituír a voz silenciada dos subalternos e submisos, os perdedores nas narrativas históricas, segundo o pensamento benxaminiano. Este libro manipula a historia e o tempo a través da conexión de catro personaxes femininas: Maria Bonita, a raíña do movemento do cangaço brasileiro; Carme de Candigas, unha personaxe ficticia e Matilda, a galega inmigrada en São Paulo, personaxe inspirada na fotógrafa americana, Mathilda Anderson. A cuarta muller é a representación feminina de Galicia, pilar da réplica imperialista e misóxina ás tentativas nacionalistas das nacións celtoatlánticas adormecidas e asoballadas polo imperialismo e centralismo británico e español.","PeriodicalId":40596,"journal":{"name":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","volume":null,"pages":null},"PeriodicalIF":0.1000,"publicationDate":"2023-04-20","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.5209/madr.88066","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"0","JCRName":"LITERATURE, ROMANCE","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
Miguel-Anxo Murado no ensaio Outra idea de Galicia (2016) contesta o mito de terra sen historia utilizado para explicar o apagamento da importancia da historia da Galicia na Europa. Murado atribúe o problema aos historiadores e ás prioridades destes que ao escribiren a historia da España relegan a maioría dos episodios galegos ao esquecemento. En consonancia con esta análise e bebendo da fonte das teses de Walter Benjamin (1996), a novela Nordeste (2016) de Daniel Asorey utiliza a utopía e a ucronía para promocionar unha reparación histórica á terra galega. Nesta novela, o autor escoba a historia a contrapelo e, tamén, cambia a traxectoria histórica de Galicia ao crear un enredo ficcional que pretende responder á indagación: “Que tería pasado con Galicia se os galegos tivesen gañado a Guerra Irmandiña?”. Murado, en seu ensaio, chega á conclusión de que historia e poder son sinónimos e ese poder é restituído por Daniel Asorey ao imaxinar unha Galicia utópica, colonizadora e imperialista, detentora de colonias en Brasil. Nordeste é unha obra que pretende restituír a voz silenciada dos subalternos e submisos, os perdedores nas narrativas históricas, segundo o pensamento benxaminiano. Este libro manipula a historia e o tempo a través da conexión de catro personaxes femininas: Maria Bonita, a raíña do movemento do cangaço brasileiro; Carme de Candigas, unha personaxe ficticia e Matilda, a galega inmigrada en São Paulo, personaxe inspirada na fotógrafa americana, Mathilda Anderson. A cuarta muller é a representación feminina de Galicia, pilar da réplica imperialista e misóxina ás tentativas nacionalistas das nacións celtoatlánticas adormecidas e asoballadas polo imperialismo e centralismo británico e español.