María J. Romero, Carmen M. Romero, Sandra Fernández-Fariña, Luis M González-Barcia
{"title":"O SISTEMA PERIÓDICO NA DIDÁCTICA DA AULA","authors":"María J. Romero, Carmen M. Romero, Sandra Fernández-Fariña, Luis M González-Barcia","doi":"10.54954/201987219","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"O sistema periódico (SP) debe considerarse como un recurso didáctico importante na aula: non só permite relacionar a posición que ocupa un elemento químico no SP coa súa configuración, natureza e reactividade, senón que é unha ferramenta que permite traballar outros contidos transversais: a historia, as contribucións de mulleres científicas, o emprego das TIC, …, etc. Neste traballo falaremos sobre a utilidade didáctica da Táboa Periódica na aula, por medio de xogos e outras actividades educativas de modo que nos axuden a ensinarlles o sistema periódico dos elementos químicos e as súas propiedades, aos alumnos, de forma máis sinxela e amena. Na actualidade existe unha falta de motivación e certa pasividade nos alumnos de educación secundaria en canto á aprendizaxe da Química. Para entender a Química é fundamental saber como se organiza a Táboa Periódica e como se extrae a información que hai nela. É por isto que é necesario a busca de novas alternativas na aula así como de novas metodoloxías innovadoras que, mediante o uso de recursos didácticos adecuados, fomenten a creatividade e a participación tanto de alumnos como de profesores na aula. Fomentar a motivación e espertar o interese dos estudantes para coñecer os elementos químicos, comprender a súa organización na Táboa Periódica e razoar as súas tendencias, son factores importantes á hora de superar as dificultades que lles podan xurdir durante o proceso de aprendizaxe. Neste sentido, as actividades didácticas centradas na Táboa Periódica que impliquen un alto grao de participación por parte dos estudantes na aula resultan de grande utilidade.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"61 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2019-07-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Boletín das Ciencias","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.54954/201987219","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
O sistema periódico (SP) debe considerarse como un recurso didáctico importante na aula: non só permite relacionar a posición que ocupa un elemento químico no SP coa súa configuración, natureza e reactividade, senón que é unha ferramenta que permite traballar outros contidos transversais: a historia, as contribucións de mulleres científicas, o emprego das TIC, …, etc. Neste traballo falaremos sobre a utilidade didáctica da Táboa Periódica na aula, por medio de xogos e outras actividades educativas de modo que nos axuden a ensinarlles o sistema periódico dos elementos químicos e as súas propiedades, aos alumnos, de forma máis sinxela e amena. Na actualidade existe unha falta de motivación e certa pasividade nos alumnos de educación secundaria en canto á aprendizaxe da Química. Para entender a Química é fundamental saber como se organiza a Táboa Periódica e como se extrae a información que hai nela. É por isto que é necesario a busca de novas alternativas na aula así como de novas metodoloxías innovadoras que, mediante o uso de recursos didácticos adecuados, fomenten a creatividade e a participación tanto de alumnos como de profesores na aula. Fomentar a motivación e espertar o interese dos estudantes para coñecer os elementos químicos, comprender a súa organización na Táboa Periódica e razoar as súas tendencias, son factores importantes á hora de superar as dificultades que lles podan xurdir durante o proceso de aprendizaxe. Neste sentido, as actividades didácticas centradas na Táboa Periódica que impliquen un alto grao de participación por parte dos estudantes na aula resultan de grande utilidade.