Ana M. González-Noya, Manolo R. Bermejo, Xoana Pintos
{"title":"Marie Anne Paulze no descubrimento do osíxeno","authors":"Ana M. González-Noya, Manolo R. Bermejo, Xoana Pintos","doi":"10.54954/202090075","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Nunha comunicación presentada por nós no XXXII Congreso de ENCIGA, celebrado en Viveiro no ano 2019, titulada “MARIE ANNE e a TÁBOA PERIÓDICA” falabamos da vida desta científica para, comprendendo como fora a súa formación académico-científica, estar en condicións de asimilar mellor as súas contribucións ao desenvolvemento da Táboa Periódica, na celebración do “ Ano Internacional da Táboa Periódica”. Tamén pretendiamos comprender cal foi a contribución de Marie ao mundo da química axudando ao seu gran Pygmalion: Antoine Laurent Lavoisier. Nesa comunicación pódese entender cal é a nosa reflexión sobre a súa contribución ao desenvolvemento da táboa periódica ao longo do último terzo do século XVIII, de modo particular; canto debeu colaborar Marie Anne – sempre do lado e da man do seu admirado e idolatrado Lavoisier- ao establecemento da primeira táboa das “Substancias simples” que aparece no “Tratado Elemental de Química” publicado por Antoine no ano 1789. Debemos lembrar que a táboa periódica que hoxe coñecemos e celebramos é froito do xenio de Mendeleev; pero tamén debemos citar a importancia das contribucións de Julius Lothar Meyer (quen fai 150 anos chegou ás mesmas conclusións que Dimitri, pero non se atreveu a publicalas e, por iso, chegou tarde á historia).Tamén cómpre insistir en que houbo moitas outras achegas na historia da química á construción da táboa periódica definitiva. Hai algunha evidencia da posible contribución de Marie Anne á construción ou elaboración das distintas táboas periódicas da historia? Estivo presente ou actuou significativamente no descubrimento dalgún elemento químico? Verémolo logo.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"1 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2020-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Boletín das Ciencias","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.54954/202090075","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
Nunha comunicación presentada por nós no XXXII Congreso de ENCIGA, celebrado en Viveiro no ano 2019, titulada “MARIE ANNE e a TÁBOA PERIÓDICA” falabamos da vida desta científica para, comprendendo como fora a súa formación académico-científica, estar en condicións de asimilar mellor as súas contribucións ao desenvolvemento da Táboa Periódica, na celebración do “ Ano Internacional da Táboa Periódica”. Tamén pretendiamos comprender cal foi a contribución de Marie ao mundo da química axudando ao seu gran Pygmalion: Antoine Laurent Lavoisier. Nesa comunicación pódese entender cal é a nosa reflexión sobre a súa contribución ao desenvolvemento da táboa periódica ao longo do último terzo do século XVIII, de modo particular; canto debeu colaborar Marie Anne – sempre do lado e da man do seu admirado e idolatrado Lavoisier- ao establecemento da primeira táboa das “Substancias simples” que aparece no “Tratado Elemental de Química” publicado por Antoine no ano 1789. Debemos lembrar que a táboa periódica que hoxe coñecemos e celebramos é froito do xenio de Mendeleev; pero tamén debemos citar a importancia das contribucións de Julius Lothar Meyer (quen fai 150 anos chegou ás mesmas conclusións que Dimitri, pero non se atreveu a publicalas e, por iso, chegou tarde á historia).Tamén cómpre insistir en que houbo moitas outras achegas na historia da química á construción da táboa periódica definitiva. Hai algunha evidencia da posible contribución de Marie Anne á construción ou elaboración das distintas táboas periódicas da historia? Estivo presente ou actuou significativamente no descubrimento dalgún elemento químico? Verémolo logo.