{"title":"MULLERES E STEM TECNOLÓXICO: ESTADO DA CUESTIÓN SOBRE A ELECCIÓN DE TRAXECTORIAS ACADÉMICO-PROFESIONAIS","authors":"Rocío Núñez, Xesús Ferreiro","doi":"10.54954/202089047","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"No decurso histórico, as mulleres foron vítimas de todo tipo de discriminacións polo mero feito do seu sexo. Focalizando a atención no eido educativo, a incorporación da muller á educación formal foi un proceso longo e laborioso, que non se desenvolveu de xeito lineal, senón que se caracterizou por pequenos avances e fortes retrocesos. No referente aos estudos de carácter técnico e industrial, a presenza feminina foi inexistente durante décadas, e cando apareceron as pioneiras que optaron por cursar estudos relacionados con estes eidos, o seu traballo foi minimizado e os seus éxitos ignorados. A falta de recoñecemento foi total e, en moitas ocasións, foron os homes os que se beneficiaron dos logros que elas conseguiran. Tomando esta reflexión como punto de partida, o que se buscou na investigación da que dá conta este artigo, e que formou parte dun Traballo de Fin de Máster da USC, foi coñecer a situación actual das mulleres en relación cos estudos de carácter técnico e industrial. Así mesmo, analizouse a persistencia de prexuízos e estereotipos de xénero, propios de épocas pasadas, tratando de verificar de que maneira inflúen na elección da carreira académica.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"1 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2020-05-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Boletín das Ciencias","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.54954/202089047","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
MULLERES E STEM TECNOLÓXICO: ESTADO DA CUESTIÓN SOBRE A ELECCIÓN DE TRAXECTORIAS ACADÉMICO-PROFESIONAIS
No decurso histórico, as mulleres foron vítimas de todo tipo de discriminacións polo mero feito do seu sexo. Focalizando a atención no eido educativo, a incorporación da muller á educación formal foi un proceso longo e laborioso, que non se desenvolveu de xeito lineal, senón que se caracterizou por pequenos avances e fortes retrocesos. No referente aos estudos de carácter técnico e industrial, a presenza feminina foi inexistente durante décadas, e cando apareceron as pioneiras que optaron por cursar estudos relacionados con estes eidos, o seu traballo foi minimizado e os seus éxitos ignorados. A falta de recoñecemento foi total e, en moitas ocasións, foron os homes os que se beneficiaron dos logros que elas conseguiran. Tomando esta reflexión como punto de partida, o que se buscou na investigación da que dá conta este artigo, e que formou parte dun Traballo de Fin de Máster da USC, foi coñecer a situación actual das mulleres en relación cos estudos de carácter técnico e industrial. Así mesmo, analizouse a persistencia de prexuízos e estereotipos de xénero, propios de épocas pasadas, tratando de verificar de que maneira inflúen na elección da carreira académica.