{"title":"De trobadoresca a paródica: a lingua galega a través dos textos casteláns catrocentistas","authors":"Alexandre Peres Vigo","doi":"10.17979/rgf.2022.23.0.9130","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Coincidindo coa consolidación dos Trastámara no trono castelán (1369-1388), a lírica galega enfrontou un período de decadencia a través da chamada escola galego-castelá. Con todo, as referencias directas ao galego, como signo identificativo do reino da Galiza e dos seus habitantes, non deixaron de se acrecentar na literatura castelá catrocentista. Entre elas, sitúanse textos breves da segunda metade do século XV, tales como dialoxismos e sentenzas estereotipadas, en que se reproduce a lingua galega cunha auréola xocosa. A súa aparencia híbrida, así como a propia finalidade burlesca dos textos, permítenos identificar estas aparicións como os primeiros experimentos literarios onde o galego xa é obxecto de parodia e onde se manifesta a existencia de prexuízos lingüísticos antigalegos. Un recurso literario que se consolidará no século XVI e que se popularizará, especialmente no XVII, da man dos vilancicos casteláns de temática galega.","PeriodicalId":31795,"journal":{"name":"Revista Galega de Filoloxia","volume":" ","pages":""},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2022-12-27","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Revista Galega de Filoloxia","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.17979/rgf.2022.23.0.9130","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"Q3","JCRName":"Arts and Humanities","Score":null,"Total":0}
De trobadoresca a paródica: a lingua galega a través dos textos casteláns catrocentistas
Coincidindo coa consolidación dos Trastámara no trono castelán (1369-1388), a lírica galega enfrontou un período de decadencia a través da chamada escola galego-castelá. Con todo, as referencias directas ao galego, como signo identificativo do reino da Galiza e dos seus habitantes, non deixaron de se acrecentar na literatura castelá catrocentista. Entre elas, sitúanse textos breves da segunda metade do século XV, tales como dialoxismos e sentenzas estereotipadas, en que se reproduce a lingua galega cunha auréola xocosa. A súa aparencia híbrida, así como a propia finalidade burlesca dos textos, permítenos identificar estas aparicións como os primeiros experimentos literarios onde o galego xa é obxecto de parodia e onde se manifesta a existencia de prexuízos lingüísticos antigalegos. Un recurso literario que se consolidará no século XVI e que se popularizará, especialmente no XVII, da man dos vilancicos casteláns de temática galega.