{"title":"Lingua, mocidade e xénero. A linguaxe inclusiva nas redes sociais","authors":"Iria Aldomar Dosouto","doi":"10.35869/hafh.v24i2.4110","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"No contexto dos estudos lingüísticos actuais resulta de especial relevancia adoptar unha perspectiva de xénero, a cal permita analizar de forma crítica a actual visibilidade e representación das mulleres e das persoas non binarias nos diversos discursos públicos e nas distintas situacións comunicativas. Por este motivo, o traballo que presentamos ten como principal obxectivo coñecer a vitalidade da linguaxe inclusiva (tanto binaria como non binaria) nas redes sociais, de acordo cos usos das mozas, mozos e moces de fala galega. O fin último é levar a cabo unha análise da representación e a visibilidade da muller e as persoas de xénero non binario na linguaxe da mocidade en relación coa comunicación a través das redes sociais nas diversas modalidades que estas lles ofrecen a quen as utilizan. \nCon esta finalidade, compilouse un corpus propio de textos extraídos da rede social Instagram entre o 1 e o 28 de febreiro de 2021. Observáronse perfís de diversas características, tanto segundo a orientación sexual como a identidade de xénero, para analizar as cuestións morfolóxicas en relación co uso do masculino xenérico, así como coa presenza de linguaxe inclusiva directa e indirecta. De acordo coas posibilidades comunicativas que ofrece a rede social anteriormente mencionada, tomáronse mostras tanto das publicacións permanentes, coñecidas como feed, como das temporais, denominadas stories. \nUnha vez realizada a análise, os resultados desprenden que a presenza do masculino xenérico persiste nunha parte da xuventude como forma hexemónica para referirse a grupos heteroxéneos, malia que si se rexistra unha certa predisposición á inclusividade e á innovación lingüística principalmente en grupos LGTBI binarios e entre persoas non binarias. Porén, mesmo nestes dous últimos grupos, o corpus analizado amosa certa irregularidade na aplicación dos recursos de linguaxe inclusiva, o que pon de manifesto a fase incipiente de implantación na que se atopa dita modalidade comunicativa.","PeriodicalId":437114,"journal":{"name":"Hesperia: Anuario de Filología Hispánica","volume":"13 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2022-08-10","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Hesperia: Anuario de Filología Hispánica","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.35869/hafh.v24i2.4110","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
No contexto dos estudos lingüísticos actuais resulta de especial relevancia adoptar unha perspectiva de xénero, a cal permita analizar de forma crítica a actual visibilidade e representación das mulleres e das persoas non binarias nos diversos discursos públicos e nas distintas situacións comunicativas. Por este motivo, o traballo que presentamos ten como principal obxectivo coñecer a vitalidade da linguaxe inclusiva (tanto binaria como non binaria) nas redes sociais, de acordo cos usos das mozas, mozos e moces de fala galega. O fin último é levar a cabo unha análise da representación e a visibilidade da muller e as persoas de xénero non binario na linguaxe da mocidade en relación coa comunicación a través das redes sociais nas diversas modalidades que estas lles ofrecen a quen as utilizan.
Con esta finalidade, compilouse un corpus propio de textos extraídos da rede social Instagram entre o 1 e o 28 de febreiro de 2021. Observáronse perfís de diversas características, tanto segundo a orientación sexual como a identidade de xénero, para analizar as cuestións morfolóxicas en relación co uso do masculino xenérico, así como coa presenza de linguaxe inclusiva directa e indirecta. De acordo coas posibilidades comunicativas que ofrece a rede social anteriormente mencionada, tomáronse mostras tanto das publicacións permanentes, coñecidas como feed, como das temporais, denominadas stories.
Unha vez realizada a análise, os resultados desprenden que a presenza do masculino xenérico persiste nunha parte da xuventude como forma hexemónica para referirse a grupos heteroxéneos, malia que si se rexistra unha certa predisposición á inclusividade e á innovación lingüística principalmente en grupos LGTBI binarios e entre persoas non binarias. Porén, mesmo nestes dous últimos grupos, o corpus analizado amosa certa irregularidade na aplicación dos recursos de linguaxe inclusiva, o que pon de manifesto a fase incipiente de implantación na que se atopa dita modalidade comunicativa.